Día soleado preludio da chuvia que chega pola noite

Día soleado preludio da chuvia que chega pola noite
Foto: MeteoGalicia
Día soleado preludio da chuvia que chega pola noite

As temperaturas en Santiago oscilarán entre  os 12 e os 17 graos

O sábado Galicia irá quedando na influencia dunha profunda borrasca situada ao noroeste que enviará unha fronte fría xa ao final do día. Así, durante as horas diúrnas os ceos estarán pouco nubrados ou despexados, unicamente con nubes baixas no oeste da provincia da Coruña. Á noite os ceos cubriranse e chegarán as chuvias a toda a Comunidade co avance da madrugada. As temperaturas non experimentarán cambios con lixeiros descensos das mínimas. Os ventos soprarán moderados de compoñente sur, fortes no litoral atlántico e zonas altas.

En Santiago prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas, ocasionalmente moi anubrados. Haberá precipitacións o sábado, o domingo e o luns. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral descenderán moderadamente.

Fuente: MeteoGalicia

Comentarios