Continúa a chuvia este martes en Compostela

Continúa a chuvia este martes en Compostela
Foto: MeteoGalicia
Continúa a chuvia este martes en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 5 e os 15 graos

Non se agardan cambios significativos para o martes, con Galicia na influencia das baixas presións e réxime de ventos do oeste. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos ocasionais. Ao final do día chegará unha fronte polo litoral atlántico que deixará chuvias en toda a Comunidade co avance da noite. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, con xeadas en zonas altas, e as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará moderado de compoñente oeste, aumentando a forte pola noite.

En Santiago prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas. Haberá precipitacións tódolos días. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán lixeiramente aínda que oscilarán e máximas que ascenderán moderadamente.

Fuente: MeteoGalicia



Comentarios