Arrancan as festas da Ascención con Andrés Suárez, Cepeda e Sidecars

Arrancan as festas da Ascención con Andrés Suárez, Cepeda e Sidecars
Arrancan as festas da Ascención con Andrés Suárez, Cepeda e Sidecars

As festas da Ascensión 2021 arrancan tras un ano de parón provocado pola pandemia. Comparsas, alboradas, teatro e concertos para o primeira día dunhas festas que se prolongarán ata o domingo 16.

A xornada festiva arranca ás 10 h coas alboradas a cargo da Asociación Cultural Muiñeiros do Sarela e Brañas de Andrés, que se estenderán ata as 12 h, momento no que toman o relevo no programa as comparsas de cabezudos. Por mor das circunstancias sanitarias non realizarán o tradicional percorrido polas rúas pero deleitarán a quen sen achegue ata a praza da Quintana. A entrada será libre ata completar aforo.


As 18 h terá lugar o paseo guiado "Emilia Pardo Bazán e Estela", un percorrido por espazos da cidade relacionados coa vida e obra de Emilia Pardo Bazán, como homenaxe polo centenario do seu pasamento. O punto de saída estará situado na rúa do Campiño de San Francisco (na entrada ao Cemiterio do Convento de San Francisco). A inscrición obrigatoria no correo electrónico paseos.compostela@maos.gal (20 prazas)

A esa mesma hora celebrarase na alameda o espectáculo infantil familiar Dona Barriga Verde, a cargo de Larraitz producións artísticas
e ás 19.30 h será o turno para o concerto da Banda Municipal de Música xunto a Brincadeira baixo o título "Bailan as picheleiras". Será na praza da Quintana e con entrada libre ata completar a capacidade da praza.

Tamén hai tempo para o teatro. A cita será ás 20 h no Principal con "Crónica dunha heterosexual insatisfeita". Retirada previa de convite no despacho de billetes do Teatro Principal dende o día 11 de maio de 2021, de martes a sábado en horario de 18 h – 21 h

O xornada remata co concerto acústico "ÚNICOS DIAL SANTIAGO". A partir das 20.00 horas pasarán polo escenario da praza do Obradoiro Andrés Suárez, Cepeda e Sidecars, e algunha sorpresa. Para asistir será preciso retirar convite no despacho de billetes do Teatro Principal, desde o día 4 ata o 8 de maio e do 10 ao 13 de maio, de 16 h – 20 h. 
Comentarios