As fregonas amarelas desafían a chuvia e esixen en Santiago un convenio digno

As fregonas amarelas desafían a chuvia e esixen en Santiago un convenio digno
As fregonas amarelas desafían a chuvia e esixen en Santiago un convenio digno

Malia a desfavorable predición meteorolóxica, unha multitudinaria manifestación percorreu este mércores as rúas de Santiago de Compostela para esixir un convenio xusto no sector de limpeza de edificios da provincia da Coruña. Foi o acto central no terceiro día de folga convocada en menos de tres semanas.

Na manifestación compostelá participaron traballadoras e traballadores procedentes de toda a provincia, que o día anterior protagonizaran diferentes actos de protesta diante das patronais e dos principais centros comerciais. As prontestas continuaron cunha concentración diante do Centro Comercial As Cancelas, na capital galega.

A marcha das fregonas amarelas comezou na avenida de Romero Donallo e, após percorrer varias rúas do centro santiagués, rematou diante da sede da Xunta de Galicia, no complexo administrativo de San Caetano. Isto debeuse a que o Goberno galego «ten moito que dicir» para atopar unha solución a este longo conflito.

Comentarios