Galicia supera as 524.900 persoas con pauta vacunal completa

Galicia supera as 524.900 persoas con pauta vacunal completa
Galicia supera as 524.900 persoas con pauta vacunal completa

A vacinación segue avanzando en Galicia que xa  as 524.900 persoas coa pauta completa de vacinación contra a covid-19 tras administrar case 1,58 millóns de doses, o 95,8% das recibidas. 

Tal e como indican os datos aportados pola Consellería de Sanidade, 1.063.050 recibiron polo menos a primeira dose.  Ademais, na comunidade inoculáronse 1.575.711 doses --11.717 máis que a xornada anterior-- das 1.645.165 recibidas. 

Segundo a idade, ata este sábado recibiron a vacina 129.579 persoas maiores de 85 anos (+188); 95.021 de 80 a 84 anos (+107); 131.673 de 75 a 79 anos (+463); 146.608 de 70 a 74 anos (+1.172); 147.902 de 65 a 69 anos (+1.456); e 163.277 de 60 a 64 (+1.544).

Por debaixo dos 60 os datos son os seguintes: 98.211 de 55 a 59 anos (+313); 38.797 de 50 a 54 anos (+126); 29.823 de 45 a 49 anos (+100); 26.951 de 40 a 44 anos (+92); 19.537 de 35 a 39 anos (+60); 15.697 de 30 a 34 anos (+41); 12.686 de 25 a 29 anos (+18); 6.628 de 20 a 24 anos (+16); 658 de 15 a 19 anos (+9); e unha de 10 a 14 anos . 

Comentarios