A chuvia incesante dará unha tregua en Compostela

A chuvia incesante dará unha tregua en Compostela
A chuvia incesante dará unha tregua en Compostela

As temperaturas oscilarán entre os 10 e os 17 graos en Santiago 

A xornada do domingo quedará caracterizada en Galicia por unha área atmosférica algo máis estable. Isto quere dicir que agardamos unha xornada de ceo parcialmente nubrado, pero sen apenas precipitación; soamente se producirá algunha chuvia illada e ocasional. As temperaturas mínimas sufrirán un descenso, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán de compoñente oeste, frouxos no interior, moderados na costa, con intervalos fortes no extremo norte.

En Santiago, o ceo alternará períodos con nubes e claros con outros ocasionalmente moi anubrados ou pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso notable e máximas en ascenso moderado.

Fuente; Meteogalicia

Comentarios