4 nenos e nenas de Lousame participaron dos obradoiros e actuacións programadas na XIX Festa do Galego

4 nenos e nenas de Lousame participaron dos obradoiros e actuacións programadas na XIX Festa do Galego
4 nenos e nenas de Lousame participaron dos obradoiros e actuacións programadas na XIX Festa do Galego

Un total de 24 nenos e nenas participaron esta mañá na XIX Festa do Galego do Concello de Lousame que, por mor das inclemencias climatolóxicas, tivo que trasladarse da Praza do Concello á Casa da Cultura. Isto supuxo tamén a suspensión da actuación de animación de rúa “Os velocíclopes”, de Fantoches Baj.


No seu lugar, a rapazada lousamiá e as persoas acompañantes desfrutaron tanto dos obradoiros culturais de Infantilandia como da exposición “Aquela nena de Sarria”, dedicada a Xela Arias, figura sobre a que xiran as celebracións do Día das Letras Galegas de 2021. Así mesmo, no auditorio da Casa da Cultura tivo lugar a actuación da piscadiscos infantil Mari Faltri. Vogalista da Banda das Apertas de Magín Blanco, Faltri brindoulles á rapazada de Lousame unha escolla da mellor música infantil galega para que non pararan de cantar e de bailar.

Exposicíon o luns 17

O próximo luns 17 de maio, ás 12:00 horas, o local do Club de Xubilados en Aldeagrande acollerá a inauguración dunha exposición fotográfica con imaxes recollidas ao longo de todo o ano polas persoas que conforman o club. A inauguración correrá a cargo da alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e do presidente do Club de Xubilados de Lousame, Francisco Avelino García Nieto.

A exposición dá continuidade á realizada en febreiro de 2020, que reuniu máis dun cento de instantáneas de diversa temática, dende panorámicas das aldeas do municipio ata retratos, pasando por festas, romarías e oficios tradicionais.

Comentarios