Hospitalizados e casos activos seguen tendendo á baixa

Hospitalizados e casos activos seguen tendendo á baixa
Hospitalizados e casos activos seguen tendendo á baixa

O número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.832

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.832, deles 628 son da área da Coruña, 177 da de Lugo, 211 da de Ourense, 452 da de Pontevedra, 849 da área de Vigo, 428 da de Santiago e 87 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 35 están en UCI, 138 en unidades de hospitalización e 2.659 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 119.624 persoas curadas, rexistrándose 2.401 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.167.999. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.595.240.

Comentarios