Oroso abre unha zona de esparexamento canino

Oroso abre unha zona de esparexamento canino
Oroso abre unha zona de esparexamento canino

O Concello de Oroso puxo en marcha en Porto Aviera unha zona de esparexemento canino e un novo espazo de lecer para os veciños e veciñas.


Dando resposta aos propietarios de cans, o concello habilitou este novo espazo para os animais, onde os animais poderán xogar libremente.

Ao carón deste espazo, o concello instalou varias mesas con bancos para que os veciños e veciñas poidan descansar, comer ou tomar algo.

“Trátase de dar novos servizos aos orosáns, neste caso ao aire libre e pensando tamén nos moitos veciños e veciñas que teñen can”, afirma o concelleiro de Deportes e Promoción Económica, Antonio Leira.

Non é a única actuación que se realiza na zona, onde o Concello de Oroso avanza desde hai semanas nas tarefas de recuperación e posta en valor dos terreos da antiga mina das Grobias en Porto Avieira.

En coordinación coa Xunta de Galicia e baixo a supervisión dun equipo de arqueoloxía, o Concello de Oroso realiza traballos de limpeza nos terreos, co obxectivo de utilizalos como zona de paseo e disfrute por parte dos veciños e veciñas.

Comentarios
Lo más