Rois pon en marcha o Diververán con catro quendas de 15 días en xullo e agosto Recibidos

Rois pon en marcha o Diververán con catro quendas de 15 días en xullo e agosto Recibidos
Rois pon en marcha o Diververán con catro quendas de 15 días en xullo e agosto Recibidos

Está dirixido a nenos e nenas a partir de 4º de Educación Infantil e terá preferencia quen estea empadroado no concello

O Concello de Rois pon en marcha o programa de conciliación familiar Diververán 2021 que se desenvolverá nos meses de xullo e agosto en Rois e Urdilde para facilitar a conciliación familiar e laboral. O prazo de inscrición remata o vindeiro martes, 25 de maio.

O Diververán 2021 está dirixido a nenos e nenas a partir de 4º de Educación Infantil e contará con numerosas actividades que se desenvolverán simultaneamente en Rois e Urdilde, para favorecendo deste xeito qeu se poidan adoptar as medidas de seguridade e hixiene necesarias para previr a covid-19.

Este programa contará con catro quendas de quince días cada unha durante os meses de xullo e agosto, e terá un servizo de amencer (de 7.30 a 10.00 horas) no que se ofrecerá servizo de almorzo, xogo e reforzo educativo. As actividades do Diververán realizaranse de 10.00 a 14.00 horas.

O prezo por quenda é de 50 euros por quenda, cun suplemento de 5 euros por quenda para o servizo de amencer (1 euros diario para almorzos soltos). O Concello de Rois ten establecidos descontos do 25% da cota nos casos de segundo irmá, familias numerosas, monoparentais e menores con discapacidade. A matrícula para o mes completo é de 90 euros.

As familias interesadas deberán formalizar a inscrición antes do 25 de maio. A listaxe provisional de admitidos publicarase o 26 de maio na páxina web do concello e no taboleiro de anuncios do concello. As familias admitidas terán ata o 30 de maio para efectuar o pagamento da cota correspondente e o 31 de maio publicarase a listaxe definitiva.

Todas as actuacións vinculadas co Diververán estarán condicionadas á evolución do coronavirus. As persoas interesadas poderán consultar as dúbidas no correo electrónico cultura@rois.gal ou no teléfono do multiúsos 981 816 061 os luns, mércores e venres de 10.00 a 13.00, e polas tardes de 16.30 a 20.00 horas.


Comentarios
Lo más