Sergio Navarro, campión do mundo Youth, proclámase gañador do IV Enduro Concello de Rois

Sergio Navarro, campión do mundo Youth, proclámase gañador do IV Enduro Concello de Rois
Sergio Navarro, campión do mundo Youth, proclámase gañador do IV Enduro Concello de Rois

Na proba participaron máis dun cento de pilotos, entre os que se atopaban os mellores do panorama nacional

Sergio Navarro proclamouse vencedor do IV Enduro Concello de Rois, que se celebrou esta pasada fin de semana co gallo das Festas do Santo Isidro e que contou coa participación dos mellores pilotos do panorama nacional.

Cumpríronse os pronósticose e o piloto andaluz Sergio Navarro, campión do mundo de enduro Youth 2020 e pertenecente ao club Aleser, impúxose no IV Enduro Concello de Rois tralas trece series desputadas entre a tarde do sábado e a mañá do domingo.

Completaron o podio o catro veces campión de España e subcampión do mundo en E3 Jaume Betriu, do Moto club Segre; e o arxentino Nicolás Kutulas, que foi campión de España junior Open no ano 2019.

Nunha proba pasada por agua e na que participaron máis dun centro de pilotos, Roberto Magariños, do TX Race, foi o vencedor da categoría EI sen sumar ningunha penalización nas dez series das que constaba a proba. Por detrás del, quedaron Ramon Piñeiro, do A. Piñeiro Lift; e Diego Soneira, do Terras de Iria.

Pola súa parte, Juan José Vieites, do +Enduro 018, venceu en categoría E2 por diante de Daniel Rodríguez e Juan José Cano. Xa en E3, o campión foi Gonzalo Blanco, que se impuxo a Marcos Cano e Senín Cortizo, este último do Terras de Iria.

A clasificación en mulleres quedou liderada por Andrea Vallejo. Subiron tamén ao podio Ana Sánchez e Yovana Alonso.

Luis Miguel Montoya quedou primeiro en Máster, categoría na que Roberto Cierto e Iago Mallo foron foron segundo e terceiro, respectivamente.

As categorías sénior 2t e sénior 4t estiveron dominadas polo club vigués A Peroxa, que colocou nas primeiras posicións das mesmas a Alejandro Ruíz e Juan Fernández.

Comentarios
Lo más