Oroso aproba por unanimidade unha moción para demandar á Xunta "a reapertura do centro de saúde para todas as consultas"

Oroso aproba por unanimidade unha moción para demandar á Xunta "a reapertura do centro de saúde para todas as consultas"
Oroso aproba por unanimidade unha moción para demandar á Xunta "a reapertura do centro de saúde para todas as consultas"

Solicitan tamén máis profesionais e a apertura do centro de saúde polas tardes

O pleno do Concello de Oroso aprobou  por unanimidade unha moción para instar á Xunta a “reabrir de forma inmediata os centros de atención primaria para consultas e atención aos doentes, limitando as consultas telefónicas aos trámites para os que foron creados e que non precisen da consulta do personal profesional médico”.

Na primeira sesión ordinaria co novo alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde, esta iniciativa, impulsada polo PSOE e o BNG, destaca que “tras 15 meses de pandemia é imprescindible recuperar a asistencia presencial”, tal e como apuntou o portavoz socialista, Antonio Leira.

Ademais, a moción demanda “a posta en marcha dun novo mapa sanitario, que <pemita a usuarios de poboacións limitrofes acudir o centro de saúde de Sigueiro con todas as garantías de servizos e mesmo de asistencia domiciliaria, e así mesmo poder dar servizo de atención no centro polas tardes”.

A moción solicita por último un incremento do número de profesionais sanitarios reforzando as modalidades de saúde bucodental e fisoterapia, así como a incorporación dun traballador/a Social. O texto aprobado incluíu a petición por parte de Oroso Renovable de que os veciños de Oroso poidan acudir ao servizo de saúde mental de Ordes.

Todos os grupos destacaron no pleno que “Oroso conta cun centro de saúde moderno e adaptado á realidade do concello e a súa veciñanza e usuarios, mesmo esta a ser referente dando cobertura a prácticas de enfermería e medicina”.

Na sesión, aprobouse tamén por unanimidade outra moción, impulsada polo PP, na que o concello demanda a Xunta e Goberno melloras na cobertura telefónica e Intenet en todo o concello, sobre todo nas zonas rurais.

Comentarios
Lo más