Turismo de Padrón lanza a campaña 'Vive Padrón'

Turismo de Padrón lanza a campaña 'Vive Padrón'
Turismo de Padrón lanza a campaña 'Vive Padrón'

A concellaría deseñan manteis cun plano da localidade cos puntos estratéxicos turísticos do concello e cun concurso en redes sociais

‘Vive Padrón’ é a nova campaña de promoción desenvolta polo departamento de Turismo do Concello de Padrón. Trátase dunha iniciativa que pretende impulsar o turismo e comercio local, ao mesmo tempo que se erixe coma unha proposta sostible. A través de ‘Vive Padrón’ todos os establecementos hostaleiros da vila que o soliciten recibiran manteis individuais en formato A3 cun orixinal deseño dun plano da localidade no que se resaltan os principais atractivos turísticos do municipio. Para recibir este deseño, os responsables dos distintos establecementos terán que enviar un correo electrónico a turismo@padron.gal manifestando o seu interese.

Santiaguiño do Monte, o Convento do Carme, O Pedrón, o Paseo do Espolón, o Xardín Botánico, o Cruceiro do Fondo da Vila, a Igrexa de Santa María A Maior de Iria Flavia ou o Convento de San Antonio de Herbón son algúns dos puntos estratéxicos do turismo padronés que se destacan neste mapa como principais recursos turísticos. Unha das claves de estes manteis é que foron creados a partir de residuos de caña de azucre, con fibras naturais e homologados para estar en contacto con produtos alimentarios. Os manteis son tamén biodegradables e para a súa impresión se empregou tinta sen produtos químicos. Como explica a responsable de Turismo, Lorena Couso, “dende a concellaría de Turismo do Concello de Padrón promovemos diferentes accións para consolidar Padrón coma un destino turístico sostible, respectuoso co medio ambiente e comprometido cos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 establecidos pola ONU.

Promoción en redes sociais

A campaña ‘Vive Padrón’ tamén se desenvolverá nas redes sociais a partir do 1 de xullo, concretamente a través de Instagram cun concurso mediante o que as persoas participantes teñen a opción de gañar vales para canxear posteriormente nos establecementos, restaurantes, comercios ou empresas de turismo activo de Padrón.

Comentarios
Lo más