La tercera edición del festival feminista Delas Fest se celebra del 28 de junio al 25 de julio en la comarca de Santiago

La tercera edición del festival feminista Delas Fest se celebra del 28 de junio al 25 de julio en la comarca de Santiago
La tercera edición del festival feminista Delas Fest se celebra del 28 de junio al 25 de julio en la comarca de Santiago

O festival feminista de arte urbana e contextual celebrarase entre o 28 de xuño e o 25 de xullo nos concellos de Ames, Brión, Santiago e Teo

O primeiro festival de arte urbana con perspectiva de xénero de Europa, o Delas Fest, alcanza a súa terceira edición consolidado como unha cita estatal de referencia no sector. Entre o 28 de xuño e o 25 de xullo, diferentes espazos da comarca de Compostela volverán acoller intervencións artísticas e actividades para todos os públicos orientadas a democratizar a expresión artística na rúa e contribuír ao combate das desigualdades que sofren as mulleres que traballan no espazo público.

Grazas ao apoio económico da Deputación da Coruña, dos concellos de Ames, Brión, Santiago e Teo, dos patrocinios de Montana Colors, Ibersa - El Mundo del Pintor, Gadis, E.nova Enerxía e Fundación Finanzas Éticas así como da colaboración de Cuarto Pexigo, Daveiga e Café Candelas, o proxecto impulsado por 7H Cooperativa Cultural mantén a aposta por construír espazos de creación e experimentación artística desde unha perspectiva feminista e contextual.

O cartel, novamente integrado só por mulleres, está protagonizado pola colaxista e deseñadora gráfica Susana Blasco (Zaragoza, 1972), quen desenvolverá unha instalación fotográfica en Brión entre o 28 de xuño e o 4 de xullo; a muralista e ilustradora Marina Capdevila (Barcelona,1985), que realizará un mural con pintura plástica en Teo entre o 5 e o 11 de xullo; a artista visual Doa Oa (Sober, 1986), encargada de elaborar unha intervención mural en Ames entre o 12 e o 18 de xullo; e a graffiteira e creativa Lily Brick (Lleida, 1990), quen creará unha peza a spray en Santiago entre o 19 e o 25 de xullo.

De forma paralela, cada concello acollerá, ademais, cadansúa actividade de creación colectiva. A graffiteira Sax (Vigo, 1980) impartirá un taller de perfeccionamento a spray en Teo, a ilustradora e muralista Iria Prol (Ermua, 1985) dirixirá o de muralismo para artistas en Santiago e a equipa de 7H Cooperativa Cultural encargarase dos que se celebrarán en Ames e Brión.

Anfitriónate

Tras dous anos artellando espazos de convivencia entre artistas e entidades do tecido social, neste 2021 o festival reforza o seu carácter comunitario e contextual a través dunha convocatoria aberta orientada a atopar a persoas e colectivos interesados en exercer como anfitrioas das artistas. A través de “Anfitriónate”, as veciñas e residentes dos concellos nos que se desenvolve o festival poderán involucrarse no proceso creativo que dara lugar ás novas pezas murais, acompañando ás artistas, como unha sorte de guías locais, na descuberta da historia e idiosincrasia do territorio.

Con este fin, 7H coordinará en cada un dos catro concellos un grupo de entre 5 e 15 persoas encargado de manter unha xuntanza virtual e outra presencial coa creadora de acollida. A través da realización destes encontros, destinados ao intercambio de relatos, experiencias e memorias, a organización aspira a enriquecer o paso das artistas polo festival e a promover os vínculos e diálogos creativos entre as intervencións artísticas e a realidade na que estas se inserirán.

Muros en Man común

Outra das novidades da terceira edición do Delas Fest é “Muros en Man Común”, unha pioneira iniciativa coa que o festival quere descentralizar e dispersar as obras realizadas ao seu abeiro. A convocatoria, que estará aberta de forma permanente, diríxese a persoas ou entidades que, como propietarias ou co-propietarias dalgún inmoble ou edificación en Ames, Brión, Teo ou Santiago, desexen ceder gratuitamente algunha fachada susceptible de ser soporte das intervencións artísticas. Deste xeito, ademais de incluír novas localizacións ás infraestruturas de propiedade municipal, soporte até o de agora de todas as obras, o festival ofrece novas vías á veciñanza para implicarse no seu desenvolvemento.

Comentarios
Lo más