A semana comeza con sol

A semana comeza con sol
A semana comeza con sol

As temperaturas oscilarán en Santiago entre os 11 e os 25 graos

O luns as altas presións continuarán entre Azores e Galicia. Así, teremos unha xornada de ceo parcialmente nubrados no norte de A Coruña e de Lugo, quedando máis despexados na metade sur do territorio. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos e as máximas estarán en lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo do nordés, máis intenso entre Estaca de Bares e Fisterra.



En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en ascenso moderado, a pesar de que oscilarán.
Fuente: Meteogalicia
Comentarios
Lo más