11 sancións por normativa Covid, 2 festas en pisos e un accidente con fuga, balance da fin de semana en Compostela

O accidente tivo lugar na Praza de Vigo

Fin de semana con 11 sancións por normativa Covid en Santiago así como 2 festas en pisos. A primeira das sancións por non usar máscara produciuse o venres. A persoa foi denunciada pola Lei 4/2015 por negarse a facer uso da máscara tras ser advertida en varias ocasións da súa obriga. No sábado impuxéronse 5 sancións por esta causa.

Cinco tamén foron as propostas de sanción interpostas pola Policía Local o sábado a personas non convivintes que estaban reunidas entre a 1 e as 6 da mañá. Ademáis, ese mesmo día acodiuse a festas en dous pisos.

Accidente con fuga

Na madrugada de este luns tivo que intervir a Policía Local nun accidente de tráfico no Ensanche compostelán. Un vehículo saiu da vía e chocou contra outro vehículo estacionado, na praza de Vigo. Someteuse ao condutor ás probas de detección alcohólica, que ofreceron resultado positivo. Asimesmo se comprobou que carecía de permiso de condución. O condutor do vehículo abandonou o lugar dos feitos dándose a fuga, pero foi localizado posteriormente. 

Comentarios