Santiago abre o plazo para solicitar permiso para celebrar cacharelas privadas en San Xoán

Santiago abre o plazo para solicitar permiso para celebrar cacharelas privadas en San Xoán
Santiago abre o plazo para solicitar permiso para celebrar cacharelas privadas en San Xoán

A Xunta de Goberno aprobou as normas das cacharelas e sardiñadas privadas para San Xoán, que non poderán ocupar terreos nin espazos públicos. Por segundo ano consecutivo, e por mor das restricións impostas pola pandemia, só se poderán celebrar cacharelas privadas, que poderán solicitarse a través do enlace situado ao pé desta nova.

Os particulares que desexen realizar unha cacharela e/ou sardiñada en terreos de propiedade privada deberán solicitado entre o 8 e o 21 de xuño. As solicitudes poderanse presentar a través do banner instalado na páxina web (enlace ao remate da información). As persoas asinantes teñen que ser maiores de idade. Con este trámite é suficiente para poder levar a cabo a actividade, sen prexuízo da responsabilidade por danos ou perdas a que houbera lugar no caso de que concorrera neglixencia ou imprudencia.


Nos espazos privados, abertos ou pechados, as xuntanzas de convivintes ou non, non excederá a de 10 persoas no exterior, e 6 no interior. Recoméndase o uso de mascarilla; asi como o mantemento da distancia de seguridade interpersoal e a aplicación de medidas de hixiene de mans e medidas alternativas de protección física e de etiqueta respiratoria.

A persoa interesada que organice o evento deberán coidar os arredores e coñecer o número de teléfono dos Bombeiros (080) e o de Emerxencias (112).

Se a propiedade está en zona urbana, o volume do combustible da cacharela non excederá os 2 metros de diámetro e 6 metros de perímetro, nin un metro de altura. En zona rural, o volume do combustible da cacharela non excedera os 3 metros de diámetro ou 9 de perímetro, nin os 3 metros de altura.

Porase especial coidado en situar a fogueira alonxada das vivendas, vehículos, instalacións e locais nos que se almacenen produtos inflamables. Tampouco se situarán baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, nin preto de masas arbóreas ou zonas vexetais susceptibles de ser queimadas.

Prohíbese a queima de neumáticos, plásticos, espumas de poliuretano, aceites, e en xeral de calquera substancia que ao arder desprenda fume tóxico. En ningún caso se botarán ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays), aínda que estean baleiros.

A fogueira permanecerá vixiada polas persoas solicitantes ata a súa total extinción que deberá ser asegurada empapando os restos totalmente con auga, asegurándose de que as cinzas queden totalmente apagadas. No caso de que se levante vento que poida dificultar a vixilancia e extinción da fogueira esta deberá suspenderse ou apagarse de inmediato.

A hora límite para rematar a celebración entre persoas non convivintes, será a 1 da madrugada do día seguinte á realización do evento. Se a cacharela/sardiña ten lugar entre persoas convivintes as tres e media da madrugada.

O cumprimento destas normas será verificado polo persoal do Servizo de Extinción de Incendios que, se é o caso, dará conta á Policía Municipal das posibles infraccións.



Comentarios