O Obraadoiro recibe a unha patrulla do Aeródromo Militar de Santiago, que realizou parte do Camiño

O Obraadoiro recibe a unha patrulla do Aeródromo Militar de Santiago, que realizou parte do Camiño
O Obraadoiro recibe a unha patrulla do Aeródromo Militar de Santiago, que realizou parte do Camiño

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu na Praza do Obradoiro a unha patrulla do Aeródromo Militar de Santiago, formada por unha trintena de militares, que chegaron a través do Camiño de Santiago, coincidindo co Ano Santo.

Tres do seus integrantes realizaron a ruta desde Lugo, de onde sairon ás once da mañá do luns. O resto, en grupos de catro, acompañáronos turnándose por quendas. Ademais do alcalde, na recepción estaban presentes o concelleiro de Relacións Institucionais e portavoz do Grupo Socialista, Sindo Guinarte; e o voceiro do PP local, Alejandro Sánchez-Brunete. Tamén asisitiu Anuncio Mouriño, director de Cáritas Diocesana en Santiago, quen entregou uns presentes aos militares.


O alcalde entregoulle tres diplomas aos militares que fixeron, íntegra, a ruta Xacobea desde Lugo. Sánchez Bugallo tamén recolleu un presente, para o concello de Santiago, co distintivo do Aeródromo Militar de Santiago.

O aeródromo militar de Santiago de Compostela está situado en Lavacolla, a 10 quilómetros de Santiago de Compostela. Depende do Mando Aéreo Xeral (MAGEN), e a súa principal misión é proporcionar apoio loxístico e seguridade ás Unidades Aéreas das Forzas Armadas de España. 
Comentarios