Oroso respalda a versión de Santiago sobre a non participación dos bombeiros nun incendio

Oroso respalda a versión de Santiago sobre a non participación dos bombeiros nun incendio
Oroso respalda a versión de Santiago sobre a non participación dos bombeiros nun incendio

O Goberno de Oroso respaldou nun comunicado a versión ofrecida polo executivo de Santiago sobre a non participación dos bombeiros da capital nun incendio en Oroso no que faleceu unha muller

No comunicado, o grupo de  goberno do Concello de Oroso puntualiza o seguinte:

-Desde o momento en que se declarou o incendio, o alcalde de Oroso, Luis Rey, estivo en contacto permanente con todas forzas de seguridade e as autoridades competentes.

-O Concello de Santiago aclaroulle persoalmente ao alcalde de Oroso horas despois do incendio que para poder deixar a cidade, os bombeiros deben recibir unha comunicación a través da Dirección Xeral de Protección Civil da Xunta de Galicia, activándose o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga). Así o indica o protocolo.

-A propia Axencia Galega de Emerxencias notificoulle aos bombeiros de antiago que xa se ían desprazar a Sigüeiro os bombeiros de Arzúa, polo que non era necesario que foran eles.

-O grupo de goberno de Oroso lamenta profundamente que o grupo municipal do PP utilice este triste suceso para intentar sacar réditos políticos, confundindo á cidadanía con declaracións que non se axustan á realidade.

Comentarios