O ciclo de cine ao aire libre programará tres películas seleccionadas pola cidadanía entre un listado de filmes

O ciclo de cine ao aire libre programará tres películas seleccionadas pola cidadanía entre un listado de filmes
O ciclo de cine ao aire libre programará tres películas seleccionadas pola cidadanía entre un listado de filmes

A Concellaría de Mocidade programa un novo ciclo de cine ao aire libre, que terá lugar os días 28, 29 e 30 de xuño, no paseo central da Alameda de Santiago, a partir das 22:30 h. Neste ciclo emitiranse tres películas, previamente seleccionadas pola cidadanía entre un listado ao que se pode acceder desde o facebook Mocidade Compostela, que estará activado entre este mércores, 9 de xuño, e o próximo luns, día 14.

O ciclo presentouno o concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, quen explicou que as longamentraxes que máis máis apoios acaden, serán as películas que se emitirán no Ciclo de Cine ao aire libre. Con esta iniciativa, sinalou, "o que pretendemos e fomentar a participación das familias nesta actividade cultural".


O catálogo de películas a seleccionar, 14 en total, van dende cine máis clásico ata o cine actual e a diferentes xéneros como musicais, cine de aventuras, comedia, ficción, etc. Son as seguintes:

A illa das mentiras, que no caso de ser seleccionada, emitirase en galego.
Misteriosos asesinato en Manhatan
La la Land
Los Goonies
E.T.
Yesterday
Ha nacido una estrella
La vida es bella
La maldición del escorpión de jade
Sweeney tod
Bitelchus
Mars Attack
Encuentros en la tercera fase
Green book

Como cada ano, xusto antes da representación, haberá unha pequena presentación sobre a historia da película e os acontecementos máis importantes que tiveron lugar nese ano.

Para poder acceder ás proxeccións, non é necesaria a retirada de entrada, senón que será de acceso libre ata cubrir as prazas. Nas proxeccións manteranse a distancia de seguridade e será obrigatorio o uso da mascarilla e aqueloutras medidas que advirtan as autoridades sanitarias. 
Comentarios