10 festas en pisos este mércores en Santiago

10 festas en pisos este mércores en Santiago
10 festas en pisos este mércores en Santiago

Ademáis, os axentes puxeron dúas sanción por non usar máscara

No seu parte diario de incidencias a Policía Locas de Santiago reflicte que na madrugada de este mércores tivo que acudir en Santiago a dez festas en pisos. Nunha de estas actuacións, os axentes tiveron que instruir unha acta de denuncia por desobediencia a axentes da autoridade.

Ademáis, os axentes rexistraron 4 accidentes de tráfico na cidade. O primeiro deles foi ás 8 da mañá na rúa Edison, entre dous vehículos, con resultado de danos materiais. Ao lugar trasladouse unha dotación de bombeiros para a limpeza da calzada.

Ás 14 horas, o condutor dun vehículo, a través de chamada telefónica, notificou que outro chocara con el por alcance e que marchara do lugar, pero que revisara o seu vehículo e non lle apreciaba danos. Xa pola tarde, ás 19:40 horas, na confluencia das rúas San Lázaro con SD Santiago de Compostela, un choque entre dous vehículos, con resultado de danos materiais.

Por último, ás 23:20 horas, na rotonda de Volta do Castro, colisión entre dous vehículos, con resultado de danos materias e unha persoa lesionada.

Comentarios