A compostelá Emilia Lamas, membro da nova dirección estatal de CCOO-Sanidade

A compostelá Emilia Lamas, membro da nova dirección estatal de CCOO-Sanidade
A compostelá Emilia Lamas, membro da nova dirección estatal de CCOO-Sanidade

Este mércores tivo lugar a clausura do 12.º Congreso estatal da Federación de Sanidade de CCOO. Cabe salientar que galega Emilia Lamas entrou a formar parte da nova Comisión Executiva da Federación estatal de CCOO de Sanidade.




María Emilia Lamas Seoane (Santiago de Compostela, 1962) é enfermeira do Sergas. Comezou a súa traxectoria sindical hai case 25 anos, cando entrou a formar parte do comité de empresa do Hospital de Conxo.



Posteriormente integrou a xunta de persoal da área sanitaria de Santiago, pertencendo ao Sindicato Comarcal de Sanidade de CCOO de Santiago, no que asumiu varias responsabilidades ata que en 2005 foi elixida membro da Comisión Executiva da Federación de Sanidade de Galicia, órgano no que permaneceu ata o pasado mes de abril. Desta Federación incluso chegou a ser secretaria xeral os últimos dous anos por xubilación do anterior responsable, Ángel Cameselle.

A sindicalista compostelá  compaxinou durante oito anos as responsabilidades na Federación de Sanidade de CCOO de Galicia coa súa pertenza á dirección nacional de CCOO de Galicia, da cal foi vogal entre nos anos 2009 e 2017.


Comentarios