O tempo de verán sigue instalado en Santiago

O tempo de verán sigue instalado en Santiago
O tempo de verán sigue instalado en Santiago

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 14 e os 25 graos

O xoves Galicia manterase na influencia do anticiclón, con réxime de ventos do nordés e entrada de aire cálido desde o sur peninsular. Así, o ceo estará pouco nubrado ou despexado, con algún intervalo de nubes altas. Pola tarde medrarán nubes de evolución, que mesmo poderán deixar algún chuvasco treboento en zonas altas do interior. As temperaturas ascenderán lixeiramente. O vento soprará moderado do nordés.

En Santiago, ceos pouco anubrados ou despexados en xeral durante os vindeiros días. As temperaturas serán normais para as mínimas e altas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro e máximas en ascenso moderado.

Fuente; MeteoGalicia

Comentarios
Lo más