A calor segue sendo protagonista

A calor segue sendo protagonista
A calor segue sendo protagonista

As temperaturas oscilarán entre os 15 e os 27 graos en Santiago

Non se agardan cambios significativos para esta xornada, con Galicia na influencia das altas presións e vento intenso do nordés. Así, os ceos estarán pouco nubrados ou despexados en xeral, con nubes baixas no litoral norte e formación de nubes de tormenta na provincia de Ourense que poderán deixar algún chuvasco pola tarde. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios. Os ventos soprarán do nordés, no interior frouxos pola mañá, aumentando a moderados pola tarde; na costa os ventos serán moderados, con intervalos fortes no litoral da provincia da Coruña.

En Santiago teremos ceos pouco anubrados ou despexados ó comezo e cara a metade do período, aínda que ó final do mesmo tenderán a estar con nubes e claros. Agárdanse precipitacións o domingo pola tarde. As temperaturas serán altas para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán en ascenso moderado.

Fuente: MeteoGalicia

Comentarios