Máis de 250.000 persoas solicitaron a Chave365 nos últimos 15 días

Máis de 250.000 persoas solicitaron a Chave365 nos últimos 15 días
Máis de 250.000 persoas solicitaron a Chave365 nos últimos 15 días

A través desta ferramenta informática pódese solicitar tanto o certificado covid galego como calquera dos tres tipos de certificación europea do coronavirus

Un total de 256.052 persoas xestionaron nos últimos 15 días o seu acceso á Chave365, o sistema que permite aos cidadáns maiores de idade e aos menores emancipados, identificarse e asinar documentos na sede electrónica da Xunta de Galicia sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico.

Coa Chave365, que os cidadáns xa poden tramitar tamén no seu punto de vacinación, pódese solicitar calquera dos certificados covid dispoñibles. Así, ata o día día de hoxe, lévanse xenerados 146.498 certificados galegos e 40.107 certificados europeos dos tres tipos existentes, repartidos estes últimos en 39.457 certificados de vacinación, 31 de probas e 619 de recuperación.

En canto ao Rexistro de viaxeiros, que comezou a funcionar o pasado mes de xullo, referiu un total de 704.000 rexistros dende a súa posta en marcha. Este número corresponde a 554.000 viaxeiros inscritos, dos que 83.500 eran galegos.


Comentarios