Frades retoma a peregrinación pola Vía da Prata coa etapa A Laxe-Bandeira,

Frades retoma a peregrinación pola Vía da Prata coa etapa A Laxe-Bandeira,
Frades retoma a peregrinación pola Vía da Prata coa etapa A Laxe-Bandeira,

Terá lugar o domingo 20 de xuño. O prezo mantense nos 10 euros

O Concello de Frades retoma este domingo 20 de xuño a actividade “Camiño de Santiago: Vía da Prata”, suspendida en marzo de 2020 polo inicio do primeiro confinamento pola pandemia sanitaria da Covid-19, retomada posteriormente en novembro pero que tivo que volver se adiada. A iniciativa retomarase onde quedara daquela: na sexta etapa de 16,2 km entre A Laxe e Bandeira.

O autobús sairá do Concello de Frades ás 9:00 horas do domingo 20 de xuño para levar ás persoas participantes ata A Laxe (Lalín) e as recollerá 16 km despois, na localidade silledense de Bandeira para a súa volta ao municipio, facendo unha parada a metade do camiño para xantar. Para participar, será obrigatorio o uso de máscaras no transporte e sempre que non se poida garantir a distancia de seguridade.

Durante a viaxe, o Concello de Frades acordará coas persoas participantes as datas para facer as dúas últimas etapas: Bandeira (Silleda) - Outeiro (Vedra), de 16 km; e Outeiro (Vedra) – Santiago de Compostela, de 16,6 km. O prezo mantense nos 10 euros por persoa (non inclúe xantar) e as inscricións poden formalizarse no Concello de Frades ou chamando aos teléfonos 981 695 567 ou 981 695 663.

Comentarios