Domingo con calor e chuvia en Compostela

Domingo con calor e chuvia en Compostela
Domingo con calor e chuvia en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 17 e os 29 graos

A combinación de anticiclón e aire cálido en superficie, co aire frío nas capas altas da atmosfera, deixará moita inestabilidade durante esta xornada. Deste xeito, agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros e chuvascos treboentos, máis xeneralizados pola tarde, cando poden vir puntualmente acompañados de sarabia e aparato eléctrico. As temperaturas experimentarán un ascenso na metade norte, mentres que descenderán lixeiramente no sur. Os ventos soprarán frouxos, de dirección variable.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións o domingo, o luns e o martes pola tarde. En canto ás temperaturas, serán altas para este período, con mínimas que ascenderán lixeiramente aínda que oscilarán e máximas que se manterán sen cambios.

Fuente;Meteogalicia

Comentarios