A área de Terceira Idade do Concello de Padrón retoma as clases de ximnasia de mantemento

A área de Terceira Idade do Concello de Padrón retoma as clases de ximnasia de mantemento
Imaxe de arquivo ximnasia de mantemento
A área de Terceira Idade do Concello de Padrón retoma as clases de ximnasia de mantemento

Dende esta concellaría tamén organizan Camiñatas saudables para este grupo de idade nos meses de xuño e xullo

O Concello de Padrón retoma este verán a actividade de ximnasia de mantemento para as persoas usuarias da Aula Senior. As sesións terán lugar entre o 15 de xuño e o 30 de xullo, todos os luns e mércores de 09:00 a 10:00 horas no pavillón do Souto. Asemade, tamén se organizan Camiñatas Saudables os martes e venres dos meses de xuño e xullo con saída ás 09:00 horas dende o campo do Souto.

As dúas actividades son gratuítas e o período para inscribirse ábrese o vindeiro luns 7 de xuño a través de ATEGAL Padrón no Centro Social do Concello de Padrón de 09:00 a 14:00 horas.

Co obxectivo de cumprir a normativa de seguridade da Covid-19 estableceranse grupos reducidos que se formarán por orde de inscrición. Asemade, será obrigatorio do uso de máscara e gardar a distancia de seguridade.

A concelleira de Terceira Idade, Lorena Couso, sinalou que “pouco a pouco imos retomando as nosas actividades, sempre coa vista posta na seguridade de todas as persoas participantes. A ximnasia de mantemento é unha das preferidas das persoas usuarias, polo que dende este departamento afanámonos por recuperala”.

Comentarios