A Policía intervén en 6 festas en pisos durante a fin de semana

A Policía intervén en 6 festas en pisos durante a fin de semana
A Policía intervén en 6 festas en pisos durante a fin de semana

Además, un local foi denunciado por triplicar o nivel máximo permitido de CO2, segundo informou este luns o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo.

De venres a domingo a Policía Local de Santiago tivo que acudir a 6 festas en pisos tal e como indican os axentes no seu parte de incidencias. 

Tal e como apuntou Bugallo, en roda de prensa, non houbo "demasiados incidentes" e  "o día máis complicado foi a tarde do venres" debido aos xóvenes que acabaron as probas de selectividade. De feito, os axentes acudiron esa noite a catro festas en domicilios por 1 o sábado e outra o domingo. 

O rexedor compostelán tamén valorou a proba piloto do ocio nocturno. "Tiña que sair ben porque o aforo está limitado e controlado e as pesoas que acoden, acoden mentalizadas". O que considera o edil de este ensaio e que  "demostra que é posible" a reapertura.


Comentarios
Lo más