Santiago mantén a prohibición de cacharelas en espacios públicos ao ver "imposible" controlar os aforos

Santiago mantén a prohibición de cacharelas en espacios públicos ao ver "imposible" controlar os aforos
Santiago mantén a prohibición de cacharelas en espacios públicos ao ver "imposible" controlar os aforos

Santiago mantén a prohibición das cacharelas de San Xoán en espacios públicos ao entender que é "imposible" o control dos aforos tal e como apuntou o alcalde

A Xunta de Goberno Local aprobou a modificación puntual, adaptada á Orde da Consellería de Sanidade de 10 de xuño de 2021, das normas que rexirán a celebración das cacharelas/sardiñadas en terreos de propiedade privada para a celebración da Noite de San Xoán 2021, que se farán extensivas a calquera celebración destes eventos durante o mes de xuño, sexa a noite do día 23 ou calquera outro día, segundo o exposto nesta proposta. As modificacións están relacionadas coa ampliación de aforos, no que se recomenda un máximo de 15 persoas; e de horarios, establecendo como hora límite as 03:30 h. 


O texto da norma sobre "Cacharelas en terreos de propiedade privada promovidas exclusivamente por particulares", quedaría da seguinte maneira:

- Os particulares que desexen realizar unha cacharela e/ou sardiñada en terreos de propiedade privada deberán presentar a comunicación previa, segundo o modelo oficial, publicado na web do Concello: www.santiagodecompostela.gal. As solicitudes poderanse presentar na sede electrónica do Concello: http://sede.santiagodecompostela.gal ou ben a través do banner instalado na páxina web: www.santiagodecompostela.gal dende as 00:00 horas do día 8 de xuño ata as 00:00 horas do día 21 de xuño de 2021. As persoas asinantes da comunicación previa teñen que ser maiores de idade. Con este trámite é suficiente para poder levar a cabo a actividade, sen prexuízo da responsabilidade por danos ou perdas a que houbera lugar no caso de que concorrera neglixencia ou imprudencia.

- De conformidade co establecido na Orde da Consellería de Sanidade, de 10 de xuño de 2021, pola que se prorroga a eficacia e se modifica a Orde do 28 de maio de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, e se modifica a Orde do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia, nos espazos privados, abertos ou pechados as xuntanzas de convivintes ou non, recoméndase que non excededan de 15 persoas no exterior e 6 no interior; recoméndase o uso de mascarilla; ase como o mantemento da distancia de seguridade interpersoal e a aplicación de medidas de hixiene de mans e medidas alternativas de protección física e de etiqueta respiratoria.

- O interesado que organice o evento deberán coidar os arredores e coñecer o número de teléfono dos Bombeiros (080) e o de Emerxencias (112).

- Se a propiedade está en zona urbana: O volume do combustible da cacharela non excederá os 2 metros de diámetro e 6 metros de perímetro, nin un metro de altura.

-En zona rural: O volume do combustible da cacharela non excedera os 3 metros de diámetro ou 9 de perímetro, nin os 3 metros de altura.

- Porase especial coidado en situar a fogueira alonxada das vivendas, vehículos, instalacións e locais nos que se almacenen produtos inflamables; asemade non se situarán baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, nin preto de masas arbóreas ou zonas vexetais susceptibles de ser queimadas..

- Prohíbese a queima de neumáticos, plásticos, espumas de poliuretano, aceites, e en xeral de calquera substancia que ao arder desprenda fume tóxico.

- En ningún caso se botarán ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays), aínda que estean baleiros.

-A fogueira permanecerá vixiada polos solicitantes ata a súa total extinción que deberá ser asegurada empapando os restos totalmente con auga, asegurándose de que as cinzas queden totalmente apagadas.

-No caso de que se levante vento que poida dificultar a vixilancia e extinción da fogueira esta deberá suspenderse ou apagarse de inmediato.

A hora límite para rematar a celebración entre persoas non convivintes, recoméndase que sexa ata a 1 da madrugada, do día seguinte á celebración do evento, en función do disposto na Orde da Consellería de Sanidade de 10 de xuño de 2021, en todo caso, a cacharela/sardiñada rematará as as 03:30 horas da madrugada, de acordo co disposto no artigo 5.f da Lei 10/2017 de 27 de decembro de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.

- Non se ocupará ningún terreo ou espazo público.

- O desenvolvemento de celebración das cacharelas e sardiñadas cumprirá estas normas e as Ordenanzas municipais.

-O cumprimento destas normas será verificado polo persoal do Servizo de Extinción de Incendios que, se é o caso, dará conta á Policía Municipal das infraccións. Lémbrase que o nº de tfno do Servizo de Bombeiros é o 080 (só emerxencias) ou o 981 542 444; e asemade, o número de Emerxencias da Xunta de Galicia é o 112.
Comentarios
Lo más