Continúa sendo protagonista a calor

Continúa sendo protagonista a calor
Continúa sendo protagonista a calor

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 17 e os 32 graos

Durante esta xornada aínda persistirá a situación anticiclónica e a presenza de aire frío en altura polo que o tempo seguirá moi cambiante. Amenceremos con néboas nas Rías Baixas e nubes noutros puntos do litoral e zonas altas do interior. Pola tarde medrarán as nubes de evolución ocasionando tormentas no interior da Comunidade, ocasionalmente acompañadas de sarabia e aparato eléctrico. As temperaturas estarán sen cambios ou en lixeiro ascenso e os ventos soprarán frouxos de dirección variable polamañá e do nordés á tarde.

En Santiago, o ceo alternará períodos con nubes e claros con outros ocasionalmente moi anubrados ou pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en descenso moderado e máximas en descenso extremo.

Fuente: Meteogalicia

Comentarios