Recoñecemento ao alumnado de Santiago que ocupou postos destacados nas diferentes olimpiadas deste curso escolar

Recoñecemento ao alumnado de Santiago que ocupou postos destacados nas diferentes olimpiadas deste curso escolar
Recoñecemento ao alumnado de Santiago que ocupou postos destacados nas diferentes olimpiadas deste curso escolar

O Pazo de Raxoi acolleu este martes os alumnos e alumnas que durante este curso escolar obtiveron algún posto destacado nas olimpiadas das distintas materias.

 Foron recibidos polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; polo concelleiro de Educación, Rubén Prol; e polos concelleiros José Antonio Constenla (PP), Branca Novoneyra (CA) e Navia Rivas (BNG).

Por parte do IES Rosalía de Castro asistiron os alumnos Álvaro Pallas Otero, Cristina Troiteiro Nouche, Cayetana Mato Pérez, Yago Sánchez Iglesias, Irene Armesto Méndez e Mario Blanco López, con postos destacados nas olimpiadas de xeoloxía, química, matématicas e física.

Do Colexio Peleteiro partiparon Mario Freire Arias, Luis García Romarís, Da Ye, Cástor Rodríguez Martín, José Valiño Vidal, Francisco José Negreira Gómez, Daniel Neira Gestal e Pablo Granja Lamelas, tras salientar nas olimpiadas de física, química, bioloxía, economía e filosofía.

Do IES Antonio Fraguas procede Noela Sanjurjo, que acadou o primeiro posto na olimpiada galega de Economía. O alumnado estivo acompañado tamén polos directores dos centros Xavier Mouriño, Luis Peleteiro e Carlos Encisa.

O alcalde de Santiago felicitounos polos éxitos acadados, animoumos a seguir preparándose para o futuro e amosouse moi satisfeito da boa canteira de Compostela a nivel académico. 

Comentarios