O termómetro comeza a dar unha tregua

O termómetro comeza a dar unha tregua
O termómetro comeza a dar unha tregua

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 16 e os 25 graos

Aínda durante o mércores persistirá o aire frío nas capas altas da atmosfera, fonte de inestabilidade. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos de carácter tormentoso, ocasionalmente de intensidade forte. No litoral atlántico predominarán as brétemas e nubes baixas. As temperaturas sufrirán un moderado descenso. O vento comezará o día frouxo de dirección variable e quedará de compoñente norte a partir do mediodía.

En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días, aínda que ocasionalmente tornarán moi anubrados. Agárdanse precipitacións o martes pola tarde e do mércores pola tarde ó xoves pola tarde. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso moderado e máximas en descenso notable, a pesar de que oscilarán.

Fuente: MeteoGalicia

Comentarios