Colisión cunha persoa ferida entre un coche e un camión á altura de Portanxil

Colisión cunha persoa ferida entre un coche e un camión á altura de Portanxil
Colisión cunha persoa ferida entre un coche e un camión á altura de Portanxil

Interviu o GES de Brión

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión participou este martes no operativo mobilizado ante unha colisión entre un coche particular e un camión no quilómetro 4 da AC-544, á altura da localidade de Portanxil (Ames). Unha intervención na que tamén participaron técnicos da Garda Civil de Tráfico, 061, Protección Civil de Ames e mantemento de estradas.

Ao chegar ao lugar do sinistro, os técnicos brioneses comprobaron como a persoa ocupante do vehículo estaba sendo evacuada polo 061 debido a danos nun dos seus brazos. Durante os primeiros momentos, os técnicos do GES de Brión dedicáronse a redirixir o tráfico, xa que os vehículos cortaban dous dos carrís e os membros da Garda Civil se atopaban atendendo outro sinistro. Unha vez chegados os membros da Garda Civil de Tráfico, o GES de Brión empregou o cabrestante da Bomba Urbana Lixeira para retirar o coche da estrada. Unha vez feito, asegurouse a zona e rematou a intervención.

Comentarios