O goberno de Sánchez Bugallo destaca o seu compromiso con Santiago e coa cidadanía e a xestión realizada durante a pandemia

O goberno de Sánchez Bugallo destaca o seu compromiso con Santiago e coa cidadanía e a xestión realizada durante a pandemia
O goberno de Sánchez Bugallo destaca o seu compromiso con Santiago e coa cidadanía e a xestión realizada durante a pandemia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; e o resto de membros do goberno municipal, coincidiron en sinalar o seu compromiso con Santiago e coa veciñanza. Un executivo, sinalou o rexedor “que asume responsabilidades, que toma decisións e que traballa, por riba de todo, ao servizo da cidadanía”. Un goberno, engadiu, que “fixo un gran taballo nun momento difícil”. 

Sánchez Bugallo, e o resto de concelleiros e concelleiras, compareceron hoxe ante a prensa, nun almorzo informativo, coincidindo coa metade de mandato, para facer balance dos dous anos de goberno e expor os programas nos que está traballando o equipo de goberno, así como os retos de futuro.  

Dous anos, que se cumpriron onte, condicionados pola covid-19, nos que sinalou o alcalde, “houbo que traballar de forma activa e efectiva para a reactivación económica”, debido ao seu “efecto devastardor” no tecido económico: no turismo, no comercio, na cultura, en moitos aspectos”. Sánchez Bugallo sinalou que tanto él, como o seu equipo de goberno, “se sinten agradecidos e orgullosos de ter servido á cidadanía nun escenario tan complicado, e de facer que o concello, a administración local, máis próxima aos cidadáns fora unha ferramenta útil, capaz de dar resposta en tempo real aos problemas plantexados”. “Este é un goberno comprometido”, engadiu, con todas as persoas que habitan en Santiago. “Un compromiso que nos enche de ilusión e que nos anima a seguir traballando no futuro”. 

“Se hai algo”, continuou Sánchez Bugallo, “do que nos podamos sentir orgullosos foi de ser quen de facer fronte ao reto que se nos presentou, e de manter a folla de ruta que tiñamos trazada”. O alcalde recordou, na súa exposición, que os cinco retos suscritos nos acordos do Foro Cívico, asinado na Cámara de Comercio compostelá en maio de 2019; a industrialización, a intermodal, a EDAR, a mellora das conexións e infraestruturas, e a modernización da administración local, “hoxe están todos en marcha. Déronse pasos decisivos, que por cento non resolveron nos anos anteriores”.

Xa na quenda de preguntas, o alcalde indicou que a veciñanza “entende que Santiago está en boas mans”. Sinten, asegurou “que hai un goberno municipal que traballa para a cidadanía por riba de intereses políticos”. 

Mercedes Rosón

A concelleira responsable de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica, Acción Cultural e Igualdade, Mercedes Rosón, igual que o resto de membros do gobenro, agradeceu “o traballo rigorsos, responsable e comprometido do persoal do concello”, e engadiu que durante a pandemia “todos e todas”, incluida a veciñanza, “estivemos á altura das circunstancias. 

Lembrou a importancia que a cultura ten para o goberno municipal, a reprogramación de todas as actividade, as axudas ao sector, e unha  programación de calidade “que permitiu voltar á normalidade xerando cultura e traballo para un sector moi afectado pola pandemia. “Un esforzo”, subliñou, “do que estamos satisfeitos e que permitiu reactivar o tecido cultural da cidade, segmentando disciplinas e espazos”, con “poíticas transversais que nos permiten coñecer e recoñecer o peso das mulleres na produción cultural”. 

Da área de Urbanismo destacou a celeridade coa que reaciónou ás limitacións derivadas do estado de alarma, “artellando mecanismos qeu permitiron a continuidade dos procedementos e a menor incidencia da situación na veciñanza de Santiago”. E todo, engadiu, “sen perder de vista o futuro”, que pasa, explicación, por unha mellora da xestión “para conseguir rendabilizar e optimizar os recursos que imos obter de Europa, destinados a mellorar a acccesibilidade, á eficiencia enerxética, á melllora do espazo público” nos barrios da cidade. T

En materia de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón recordou o labora da súa antecesora, Noa Díaz, a posta en marcha do programa Vioxén,  ao que se incorporou o CIM, o Centro de Información á muller, “un sevizo esencial durante a pandemia”, e os proxectos EDUIS activados recentemente: Territorio das Mulleres, a campaña nos centros de ensino de “Educación para  a igualdade”, e a posta en marcha da Casa das Mulleres Xohana Torres. 

Sindo Guinarte

O concelleiro responsable de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo, Sindo Guinarte, abriu a quenda de intervencións, lembrando que “foi un ano difícil”, no que o equipo de goberno soubo responder avanzando nos proxectos do Acordo do Foro Cívico, reforzando os servizos sociais durante a pandemia, a aprobando tres orzamentos municipais. 

Neste sentido, destacou “o bo talante da oposición”. Tamén incidiu no apoio prestado no último ano e medio, ás persoas máis vulnerables e aos sectores máis afectados pola crise: a cultura, a hostalería e o comercio. Non se descoidou a cidade, sinalou, “puxemos todos os recursos do concello ao servizo da cidadanía”.  Sindo Guinarte subliñou que “temos capacidade, ilusión colectiva e vontade política para sacar adiante os retos que ten Santiago”. 

En relación á área de Turismo, destacou a situación “catastrófica” á que se enfrontou o sector coa pandemia, e o apoio recibido desde o goberno municipal, con diálogo, consensuando as axudas” coas asociacións representantivas, e con proxectos estratéxicos como o Plan de Sustentabilidade Turística, “un instrumento extraordinario” tanto para afondar “na reorientación do modelo turístico”, en compatibilidade co desenvolvemento doutros sectores; como para axudar na reactivación económica do concello. 

Un Plan de Sustentabilidade Turística, recordou, que contempla tres millóns de euros en investimentos, financiados a partes iguais polo concello de Santiago, a Xunta, e o Goberno Central. 

Mila Castro

Parques e Xardíns, Mila Castro, destacou a “dura proba” que supuxo a crise sanitaria, social e económica, para servizos sociais municipais; e que desde o primeiro momento, a prioridade “absoluta” do departamento “foron as persoas máis débiles, os sectores máis vulnerables, as veciñas e veciños que tiñan condicións de traballo máis precarias. 

Mila Castro recordou os tickets especiais de compra, cos que se atendeu a 1.665 unidades familiares; o incremento das axudas para bolsas de comedorm, actividades extraescolares e material escolar; a extensión das bolsas de comedor aos meses de verán e ás vacacións de Nadal, a nova licitación do SAF por 1,1 millón de euros máis que o anterior servizo; a creación do SEMUS en colaboración con Cruz Vermella, o incremento de orzamento destinado á Ordenanza de Garantía Básica Cidadá. 

Na área de Parques e Xardíns, a concelleira destacou, entre outras accións, a licitación e adxudicación do novo contrato, de 3 anos de duración, prorrogable por outros dous, a restauración e iluminacióndas fontes da Alameda, xunto co departamento de Obras; ou a reformulación do plantexamento de axardinamento apostando pola flor de tempada, que sinalou “estou moi contenta da acollida que tivo entre a cidadanía”. Sobre os proxectos de futuro, “ten gran importancia para nós continuar humanizando zonas e rúas da nosa cidade”, como xa se fixo en Mazarelos ou Castrón Douro. 

En relación do departamento de Medio Ambiente, Mila Castro destacou o proceso de redacción dos pregos do novo contrato para a concesión do “Servizo de abastecemento e saneamento”; a sinatura do convenio entre o concello, ACUAES e Augas de Galicia para a construción da nova EDAR da Silvouta; o proceso de licitación do “Servizo de limpeza viaria e recollida de residuos”; ou a contratación do proxecto de selado do vertedorio de Aríns, aprobado pola consellería de Medio Ambiente. Tamén destacou que Santiago foi a primeira cidade galega na que se levou a cabo o proxecto Reciclos, xunto coa consellería de Medio Ambiente e Ecoembes. 

Gonzalo Muíños

O concelleiro responsable de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Festas. Gonzalo Muíños, sinalou que cando comezou o mandato, “non imaxinaba o que ía a acontecer” coa irrupción da COVID-19. Destacou o “traballo desenvolto por este equipo de goberno” e do persoal do concello desde que comezou a pandemia, “traballando de luns a domingo”, e a coordinación entre todas as partes que xestionaron a crise sanitaria a través do CECOPAL. 

Gonzalo Muíños tivo unha mención especial para o traballo desenvolvido por Protección Civil de Santiago, pola policía local e polos corpo de bombeiros, un labor “moi complicado” debido aos “grandes protocolos de seguridade” que era necesario aplicar. O concelleiro agradece a colaboración da veciñanza e “as mostras de afecto recibidas”. 

En relación ao despartamento de Festas, destacou a complicación que supuña organizar as festas do Apóstolo nunha situación de pandemia como a vivida. “Fomos pioneiros en facer unhas festas con grandes protocolos de seguridade e prevención”. Tamén incidiu “na valentía” do goberno municipal de cambiar a ubicación dos fogos e lanzalos desde distintos puntos da cidade: “unha aposta arriscada que agradeceu a veciñanza”. 

Entre os obxectivos de futuro, enumerou a licitación dos pregos do contrato de transporte, pendentes do estudo económica, que está previsto sacar en verán; os avances no Plan de Mobililidade; e peonalización total da zona de Mazarelos. Gonzalo Muíños reamatou sinalando a súa intención de “seguir traballando arreo e en beneficio da cidadanía”. 

Marta Abal

A concelleira responsable de Economía, Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local, Marta Abal, agradece a oportunidade de rendir contas á cidadanía “cun pequeno balance dos dous anos de goberno”. Na área de Persoal e de Réxime Interno, destacou a reforma estrutural que se está realizando. “Este ano aprobamos a estrutura orgánica municipal executiva do Concello de Santiago de Compostela, no marco do cal se reforzaron unidades vitais como a área de servizos básicos comunitarios e se crearon outras, como o órgano de contabilidade. Puxemos en marcha a Carreira Profesional coa implatación do grado I. O ano que ven poremos en marcha o grao II. Estamos culminado a Relación de Postos de Traballo que sen dúbida será un instrumento imprescindible para unha correcta ordenación de efectivos”. 

Na área de Economía e Facenda, estacou a creación do órgano de contabilidade, diferenciado do órgano interventor: “levaremos un control mais exhaustivo da execución de ingresos e gastos públicos, co fin último de ser totalmente eficientes na xestión os recursos públicos e anticiparnos así aos problemas”, sinalou. Tamén, engadiu Marta Abal, “estamos a adoptar medidas para mellorar a relación da cidadanía coa Facenda Local. Este mes os cidadáns poderán autoliquidar impostos e taxas como o ICIO, taxas por licencias urbanísticas, por ocupación de domino público ou por expedición de documentos administrativos, dende as súas casas, sen ter que acudir as dependencias municipais. 

Ao longo deste ano traballaremos para ir incorporando a totalidade dos impostos, taxas e prezos públicos a este sistema”

Da área de contratación, resaltou que “seguimos a traballar e regularizar toda a situación contratual do concello de Santiago de Compostela. Non solo aquela con maior impacto para a cidadanía, como residuos, xardinería, SAF, escolas infantís, ou transporte, senón tamén outros contratos directamente vinculados coa maquinaria municipal. A recente creación do servizo singularizado de contratación, contribuirán a acadar o obxectivo de que a final de ano, a meirande parte da actividade contractual do concello estea cando menos licitada, senón adxudicada”. 

Sobre a área de modernización, Marta Abal definiuna como “o grande reto e o maior desafío da miña concellaría”. Recordou que a finais do ano pasado, en plena pandemia arrincamos coa administración electrónica. Son consciente do profundo esforzo que está a facer a cidadanía e o conxunto do funcionariado municipal ao respecto. No oculto que estamos tendo problemas pero tamén lles digo que estamos a traballar día si día tamén en melloralos”. Este ano, explicou, “culiminaremos a implantación da ferramenta e continuaremos cos traballos de depuración de procesos e de integración de sistemas. Tamén abordaremos a brecha dixital: a tal fin e entre outras medidas empregaremos a marabillosa rede de CSC para acercar a administración electrónica ao conxunto da cidadanía e mellorala con todas as aportancións que dende os diferentes sectores da sociedade se fagan ao respecto”, finalizou. 

José Manuel Pichel

O concelleiro responsable de Medio Rural e Relacións Veciñais da zona rural, José Manuel Pichel, destacou as licitacions e adxudicacións de actuacións durante o actual mandato. Foron, segundo resumiu, tres obras recepcionadas (614.113,68 euros); catro en fase de tramitación de recepción (417.529, 60 euros); catro en fase de execución (864.326,74 euros); tres que foron aprobadas para a súa licitación en Xunta de Goberno Local (550.330.30 euros); cinco obras en fase de preparación de licitación (697.075,44 euros); tres obras pendentes de autorizacións sectoriais (725.717,21 euros); unha obra da que se está a reformar o proxecto (170.274,56 euros); e unha obra en resolución de contrato por incumprimento do contratista (255.068 euros). “Esto fai un total de 24 investimentos por un valor global de 4.294.435,30 euros”, sinalou. .

A maiores das reseñadas, “as licitacións e adxudicación previstas para a un ano vista son 11 investimentos que suman 849.301,64 euros. En relación á xestión dos contratos vinculados ao mantemento dos viarios municipais no rural (pavimentos asfálticos e non asfálticos, rozas, drenaxes, etc.), xestionáronse, segundo destacou, 595.000,00 euros. 

José Manuel Pichel tamén destacou os avances na extensión da fibra óptica, que cualificou como “un servizo básico para o rural”. Adiantou que continúan “a manter reunións con Telefónica co obxecto de que se vaian mantendo e cumprindo os prazos establecidos no despregue de fibra e a comercialización do servizo a particulares”.

Destacou tamén a obriga de limpar as faixas de secundarias, e a adhesión, a finais de 2019, ao convenio Xunta – Fegamp – Seaga. En relación aos centros socioculturais do rural, explicou que nestes momentos os niveis de aforo das distintas actividades xa son similares a aos de antes da pandemia. Pichel rematou a súa intervención manifestando a intención de intensificar as reunións con Ferusa,e con todas as asociacións de veciños do rural, unha vez que se rematen as restricións de aforo e se volte á normalidade. 

Javier Fernández

O concelleiro responsable de Centros Socioculturais, Barrios, Obras e Relacións Veciñais, Javier Fernández comezou a súa intervención “pondo en valor o traballo conxunto que estamos a facer”; e a “planificación e ordenación” das actuacións e actividades programadas, para facilitar a resolución das “demandas plantexadas pola cidadanía”. 

En relación aos Centros Socioculturais, incidiu na “reorganización” obrigadas pola pandemia, e o “gran traballo de funcionarios e traballadores”, que fixo que, durante o estado de alarma, “as actividades programadas pudieran chegar a todas as vivendas”. Tamén destacou a nova convocatoria de axudas do departamento de Relacións Veciñais. 

En relación ao departamento de Barrios e Obras, quixo destacar o traballo de interrelación que se está a facer coa veciñanza, para detectar e poder solucionar os problemas presentes nos barrios. Tamén recordou que se cumpriron os prazos das obras de reurbanización da Rúa Clara Campoamor, na contorna da  intermodal, a pesares das voces que dicían o contrario, e que “en xuño estivo a disposición da Xunta de Galicia”. Sobre a obra de Concheiros, “o noso compromiso e tela rematada despois do verán”. 

Javier Fernández sinalou que “continuamos nese traballo de planificación das obras” e reiterou o compromiso coa veciñanza de cumprimento das demandas “que nos transmitan”.   

Esther Pedrosa

A concelleira de Deportes e Benestar Animal, Esther Pedrosa, destacou, como un obxectivo prioritario, “a actualización da xestión e a modernización dos procesos de xestión deportiva, unha tarefa fundamental para dar respostas e solución máis rápidas á cidadanía”. Tamén é necesario, indicou, “conveniar espazos deportivos para reforzar determinadas demandas vinculadas ao ámbito e competencias municipais”. Convenios, explicou, que afectarían a equipamentos de naturexa pública vinculados a centros de ensino fóra do horario lectivo”, que xa se están xestionando coa USC, e coa consellería de Educación.  Na área de proxectos e investimentos, sinalou, “estamos centrados en sacar adiante o Plan director de infraestruturas deportivas, que aportará una visión global de necesidades do conxunto do municipio para facilitar a programación de novos investimentos é a súa dimensión. É ademáis una Ferramenta básica para a racionalidade do gasto público”, indicou.

Esther Pedrosa tamén realizou un balance da súa xestión. Resaltou, en concreto, a renovación das pistas de padel, a renovación do Campo de futbol das Cancelas; a mellora na iluminación en campos como o de Villestro, Belvís, etc”, actuacións realizadas en coordinación co outras concellarías. Queda pendente para este ano, recordou, a renovación do campo do Sergas, a renovación da  cuberta da piscina de Sar, as melloras no campo de fútbol Vero Boquete, e as melloras para accesibilidade na praza de acceso ao campo de futbol de Santa Isabel. Indicou tamén que se seguirá coa liña de traballo dos últimos meses “para facer realidade un novo equipamento deportivo na zona sur da cidade , equipamento que contará con una piscina e varias salas de usos multiples”.

  A concelleira tamén anunciou a recuperación e reorientación da programación deportiva municipal; e a continuación da liña establecida de apoio ao deporte federado e a clubs deportivos que “verá implementada a súa aportación económica neste ano coa intención de estabilizar un nivel de axuda que permita recuperar, o antes posible, dinámicas que existían antes da COVID-19 permitindo que as entidades poidan adaptarse a esta nova realidade con certa prontitude”. Neste senso anunciou unha nova liña de axudas cara o ano 2022 “encamiñadas a atender aos deportistas individuais que están a conseguir niveis deportivos significativos que permiten pór en valor o deporte da nosa cidade”.

 Respecto da área de Benestar Animal, indicou que se vai continuar “coa reparación e adaptación das instalacións co obxectivo de facilitar a estancia dos animais no refuxio”. Tamén apostou pola “reactivación das actividades da Fundación encamiñadas a mellorar o benestar animal e o coñecemento pola cidadanía  das tarefas realizadas en Bando. Para finalizar, anunciou que proximamente sairá a concurso o novo contrato do servizo de Lacería.

Rubén Prol

O concelleiro responsable de Educación, Mocidade e Políticas Lingüísticas; Rubén Prol, recordou, na súa intervención, como a pandemia condicionou e marcou o ámbito educativo, así como as actuacións do departamento. Destacou que, pese a todo, “o servizo de comedores e madrugadores funcionou desde o primeiro día”. 

Tamén valorou de xeito positivo, que se mantivese o “nivel de calidade” dos distintos servizos ofrecidos polo departamento, “que nunca se deixaron de lado”. Resaltou tamén a resolución do contrato da Escola Municipal de Música, un mérito que atribuiu á anterior concelleira de Educación e actual deputada autonómica polo  PSdeG, Noa Díaz. 

En Políticas Lingüísticas, destacou o cambio de localización do departamento, que se trasladou a Rúa da República do Salvador, 12, o mesmo lugar no que se ubica o Espazo Apego. Un deparamento, o de lingua galega que no pasado exercicio desenvolveu 14 programas. Dous deles, recordou, Enreguéifate e Galegoempresas, acaban de ser distinguidos pola Coordinadora de Traballadoras/es de Normalización Lingüística cos premios Mil Primaveras. 

Rubén Prol rematou a súa intervención sinalando que, maila o que queda por facer, “podémonos sentir satisfeitos de ter traballado poal cidade en coordinación con outros departamentos”. 

Comentarios