A familia Baltar cede un piano de cola J. Bach ao Concello de Santiago

A familia Baltar cede un piano de cola J. Bach ao Concello de Santiago
A familia Baltar cede un piano de cola J. Bach ao Concello de Santiago

O acto de sinatura da cesión tivo lugar  no Pazo de Raxoi, nun acto no que estiveron presentes o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Urbanismo e Acción Cultural, Mercedes Rosón; e Javier Baltar, en representación da familia.

A familia Baltar Boileve cedeu a favor do Concello o uso dun piano de cola J. Bach, RUD. IBACH SOHN 1.920 nº de serie 80.815, que está ubicado no salón vermello do Pazo de Raxoi. O acto formal de sinatura tivo lugar hoxe no Pazo de Raxoi.


O instrumento fora cedido incialmente en 2012 para o seu uso na Escola Municipal de Música, pero co translado das súas instalacións, pasou a estar situado no Pazo de Raxoi. Esta peza centenaria pode verse agora no Salón Nobre, onde é testemuña dos eventos institucionais máis relevantes que acolle a entidade municipal e as vodas dos cidadáns e as cidadáns que elixen Santiago para casar.

Neste acto, a parte cedente manifestou a súa vontade de outorgar esta nova cesión de uso sobre o reseñado piano a favor do Concello de Santiago por outros dez anos, modificando a anterior, co obxectivo de aproximar a cidadanía ao mundo da música, por consideralo que é a institución idónea. O rexedor compostelán agradeceu o "xeneroso xesto" da familia, que o cede de forma altruísta para que preste servizo en diversos actos protocolarios como cerimonias e recepcións. 

Comentarios