Piden expilcacións a Gonzalo Muíños sobre “o negocio da cafetería da estación de autobuses”

Piden expilcacións a Gonzalo Muíños sobre “o negocio da cafetería da estación de autobuses”
Piden expilcacións a Gonzalo Muíños sobre “o negocio da cafetería da estación de autobuses”

Os Populares advirten que non existe un tope de prezos, de tal maneira que os usuarios poderían acabar pagando prezos moi elevados como ocorre en algunhas instalacións aeroportuarias

O Grupo Municipal Popular pedirá a comparecencia do concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Festas, Gonzalo Muíños, co fin de que explique “o negocio da nova cafetería da estación de autobuses de Santiago”.

No seo do consello de Administración de TUSSA, o vicevoceiro Popular, Ramón Quiroga, advertiu que non existe un tope de prezos -de tal maneira que se poden establecer prezos moi altos para un servizo público, tal e como ocorre en algunhas instalacións aeroportuarias-, advertencia que motivou que o alcalde anunciase que será o consello de TUSSA o que aprobe os prezos. Non en tanto, a xuízo de Ramón Quiroga, tal anuncio non garante nada e non despexa determinadas incertezas.

Outro dos problema que está a denunciar o Grupo Municipal Popular é que o cálculo do supostamente escaso beneficio do concesionario non resulta fundamentado, nunha instalación que probablemente se converta nun dos espazos mais visitados da cidade e que conta cunha vistosa terraza. Por outra bando, Ramón Quiroga se pregunta “como é posible que o estudo económico prevea o supostamente escaso beneficio sen coñecer as tarifas que vai aplicar o concesionario”.

Por último, Ramón Quiroga advertiu que os criterios e xuízos de valor para decidir ao adxudicatario son excesivamente indeterminados en orde a valorar o acondicionamento e o equipamento interior da cafetería Á vista de que a maioría dos requirimentos de explicacións formulados por Ramón Quiroga no Consello de TUSSA non obtiveron unha resposta clara e cabal do Goberno local, os Populares solicitarán en Pleno a comparecencia do concelleiro responsable da licitación do servizo.

Comentarios