Oroso remata varias accións de mellora da rede viaria

Oroso remata varias accións de mellora da rede viaria
Oroso remata varias accións de mellora da rede viaria

O Concello de Oroso aproveitará os meses de bo tempo para acometer un paquete de actuacións destinadas a mellorar a rede viaria do municipio, tanto no casco urbano como nas parroquias.

Estes días remataron diferentes obras, cun orzamento global de 150.000 euros, para pavimentar e sinalizar tramos na avenida de Compostela e nas parroquias de Senra, Oroso e Cardama.

Por outra parte, xa comezaron novos traballos de acondicionamento do firme nos lugares de A Igrexa e Cas (Ánxeles), Vilar de Abaixo (Deixebre), e Zan e A Costa (Trasmonte), que se prolongarán durante as próximas semanas.

A aposta polas parroquias e o rural continuará nos próximos meses, nos que o grupo de goberno acometerá un conxunto de obras cun investimento global dun millón de euros.

“Con estas actuacións, damos resposta ás demandas veciñais e melloramos a seguridade viaria, tanto dos vehículos como dos peóns”, explica o alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde.

Comentarios
Lo más