Continúan baixando os casos activos en Galicia

Continúan baixando os casos activos en Galicia
Continúan baixando os casos activos en Galicia

Hai 15 pacientes en UCI

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.270 deles 434 son da área da Coruña, 154 da de Lugo, 142 da de Ourense, 118 da de Pontevedra, 211 da área de Vigo, 110 da de Santiago e 101 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 45 en unidades de hospitalización e 1.210 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 124.796 persoas curadas, rexistrándose 2.433 falecementos. 

O número de PCR realizadas é de 2.328.147.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.419.450.

Comentarios