Aparece destrozada a mostra do Concello de Santiago para visibilizar a situación dos refuxiados

Aparece destrozada a mostra do Concello de Santiago para visibilizar a situación dos refuxiados
Aparece destrozada a mostra do Concello de Santiago para visibilizar a situación dos refuxiados

O Concello de Santiago de Compostela condena e rexeita o ataque contra a exposición promovida con motivo do Día Mundial das Persoas Refuxiadas, que se celebraou este domingo, instalada na Alameda

Unha mostra organizada pola concellaría de Políticas Sociais, que dirixe Mila Castro, a través da Unidade de Atención ás Migracións (UAMI), en colaboración coa Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas. Apareceron tres paneis destrozados, e esta mañá outros catro.

Uns actos vándalicos e un delito de odio que o goberno municipal levará a próxima Xunta de Voceiros, que terá lugar mañán luns, a través dunha declaración institucional de condena e rexeitamento, co obxectivo de que sexa aprobada no pleno de xuño, que terá lugar o mércores día 30.

O texto recorda que o Pleno da Corporación xa se tivo pronunciado por unanimidade no seu apoio ás persoas refuxiadas no ano 2016. Desde o goberno municipal consideran que, ante este tipo de delitos de odio non se pode permanecer impasible, xa que poñen en cuestión a convivencia, a cohesión e os dereitos das persoas migrantes e refuxiadas, coa intención de sinalalas, intimidalas e inxurialas. Por iso se vai propor ao pleno a adoptación, dos seguintes acordos.

1.- A reafirmación do Concello de Santiago de Compostela no apoio a tódalas persoas que migran ou se acollen ao dereito de asilo ou refuxio, e comprométese na defensa dos seus dereitos e da súa integridade moral.

2.- A condena rotunda ao ataque contra a exposición promovida con ocasión do Día Mundial das Persoas Refuxiadas no Paseo dos Leóns do Parque da Alameda.

3.- A reafirmación e o compromiso no desenvolvemento de políticas en prol do apoio e o soporte aos inmigrantes e refuxiados que residen en Santiago, e de promover a súa integración e benestar a través da Unidade de Atención ás Migracións e os demais servizos dos que dispón o Concello.

Desde o Concello, unha vez avaliados os destrozos, ordenaron a retirada de catro paneis da exposición, os que presentaban maior perigosidade. 

Comentarios