O Campus Deportivo de Verán do Concello de Padrón terá lugar entre o 28 de xuño e o 31 de xullo

O  Campus Deportivo de Verán do Concello de Padrón terá lugar entre o 28 de xuño e o 31 de xullo
O Campus Deportivo de Verán do Concello de Padrón terá lugar entre o 28 de xuño e o 31 de xullo

O período de inscrición abriuse o 16 de xuño e pódese tramitar a través da Oficina de Deportes

A concellaría de Deportes do Concello de Padrón presenta a nova edición do Campus Deportivo de Verán, que nesta ocasión terá lugar entre o 28 de xuño e o 31 de xullo. Trátase dunha actividade para nenos e nenas de entre 6 e 15 anos. A concelleira de Deportes, Lorena Couso, explicou que “a organización destas actividades contribúen a favorecer e facilitar a conciliación da vida laboral e persoal das familias de Padrón, polo que consideramos moi importante manter estes proxectos, tendo en conta en todo momento as medidas de seguridade sanitarias”.

As prazas son limitadas e o período para inscribirse comezou o  16 de xuño e para tramitar a reserva as familias deben dirixirse á Oficina de Deportes no Centro Social do Concello de Padrón a través de correo electrónico no e-enderezo deportespadron@yahoo.es ou chamando por teléfono ao 664 076 974. A matrícula ten un custe de 15 euros por quenda –en total hai dúas- e contémplanse descontos para as familias que inscriban a máis dunha crianza.

Ao longo do programa do Campus Deportivo de Verán os nenos e nenas poderán realizar actividades como natación e xogos acuáticos, ciclismo, baloncesto, fútbol sala, tenis, sendeirismo, atletismo, xogos predeportivos, xogos populares e actividades no parque multiaventura Galipark. Un total de tres monitores dirixirán e coordinarán aos nenos e nenas que participen neste campus no que ademais se establecerán grupos burbulla.

Comentarios