O tempo continúa sen cambios

O tempo continúa sen cambios
O tempo continúa sen cambios

As temperaturas oscilarán entre os 12 e os 18 graos en Compostela

O luns Galicia manterase na influencia das baixas presións, situadas nesta xornada sobre o Cantábrico. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvias de carácter intermitente probables en calquera punto, máis frecuentes e intensas pola mañá. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará moderado do noroeste.

En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións o luns e o martes. As temperaturas serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en ascenso moderado.

Fuente; MeteoGalicia

Comentarios