Lume urbano no Milladoiro causado por unha secadora

Lume urbano no Milladoiro causado por unha secadora
Lume urbano no Milladoiro causado por unha secadora

Foi apagado polo GES de Brión

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión apagou na noite do sábado un lume urbano no Milladoiro (Ames). Só houbo que lamentar danos materiais. Unha intervención na que tamén participaron técnicos da Garda Civil, Protección Civil de Ames e Policía Local de Ames.

Os técnicos do GES brionés recibiron o aviso do 112 ás 22:30 horas, polo que se desprazaron ao lugar do lume na Bomba Urbana Lixeira e coa Autoescaleira, ao tratarse dun quinto piso. Ao chegar, a Policía Local confirma que no interior da vivenda hai unha secadora ardendo e moito fume, polo que os tres bombeiros do GES de Brión procederon a apagar as lapas e ventilar toda a vivenda. 

Comentarios