Tempo gris e fresco en Compostela

Tempo gris e fresco en Compostela
Tempo gris e fresco en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 12 e os 17 graos

O martes Galicia queda nunha situación intermedia entre as borrascas situadas en Centroeuropa e o anticiclón nos Azores, configuración que vai deixar un corredor de ventos do norte. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos máis frecuentes e intensos na metade norte da Comunidade. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con lixeiros descensos das máximas no terzo norte e ascensos nas Rías Baixas. O vento soprará moderado do norte, con intervalos fortes no litoral.

En Santiago prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas, ocasionalmente pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións  o martes. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que ascenderán moderadamente.


Comentarios