San Xoán soleado en Compostela

San Xoán soleado en Compostela
San Xoán soleado en Compostela

As temperaturas oscilarán entre os 12 e os 24 graos en Santiago

O xoves Galicia queda na influencia das altas presións. Polo tanto, o ceo estará despexado en xeral con algunhas nubes baixas no terzo norte e néboas matinais en comarcas do interior. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios, mentres que as máximas terán un lixeiro ascenso. O vento soprará do nordés, frouxo pola mañá, aumentando a moderado pola tarde, con intervalos fortes entre Estaca de Bares e Fisterra.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios a pesar de que oscilarán.

Fuente: MeteoGalicia

Comentarios