Baixa a presión hospitalaria en Galicia pero crecen os contaxios e casos activos

Baixa a presión hospitalaria en Galicia pero crecen os contaxios e casos activos
Baixa a presión hospitalaria en Galicia pero crecen os contaxios e casos activos

Na área de Santiago volven a subir os casos

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.305 deles 478 son da área da Coruña, 173 da de Lugo, 146 da de Ourense, 128 da de Pontevedra, 189 da área de Vigo, 112 da de Santiago e 79 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 33 en unidades de hospitalización e 1.260 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 125.102 persoas curadas, rexistrándose 2.434 falecementos. 

O número de PCR realizadas é de 2.341.092.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.532.384.

Comentarios