A Escola de Música de Rois abre o prazo de matrícula do curso 2021/22 ata o 16 de xullo

A Escola de Música de Rois abre o prazo de matrícula do curso 2021/22 ata o 16 de xullo
A Escola de Música de Rois abre o prazo de matrícula do curso 2021/22 ata o 16 de xullo

A Escola Municipal de Música de Rois abriu esta semana o prazo de matrícula para o curso 2021-2022 para que todas as persoas interesadas en ampliar a súa formación musical

 A matrícula poderá formalizarse ata o vindeiro 16 de xullo cubrindo o impreso que se pode descargar na páxina web do concello, e facendo o pagamento das correspondentes taxas de matrícula.

A ESMU de Rois continúa este ano impartindo a modalidade de Harmonía e creación musical, dirixida a maiores de 12 anos, ademais dunha ampla oferta de instrumentos que se poden elixir: Batería, baixo eléctrico, frauta, óboe, saxofón, tuba, violín ou acordeón son algúns deles. 

A Escola Municipal de Música de Rois ten uns prezos moi accesibles: 20 euros pola matrícula anual e, por exemplo, 35€/mes polas clases de instrumento e linguaxe musical. 

Todas as clases serán individuais, agás as de Linguaxe musical, Conxunto instrumental, Música en movemento e Coro, que terán un máximo de 5 persoas por grupo.

Unha vez cuberta a folla de matrícula e pagada a taxa, estes documentos deberán entregarse nas oficinas municipais do Concello de Rois ou envialas por correo electrónico ao enderezo correo@rois.gal


Comentarios
Lo más