Oroso comeza os traballos de pavimentación da Rúa Emilio Pardo Bazán

Oroso comeza os traballos de pavimentación da Rúa Emilio Pardo Bazán
Oroso comeza os traballos de pavimentación da Rúa Emilio Pardo Bazán

O grupo de goberno do Concello de Oroso continúa co seu plan de mellora do tráfico e a seguridade viaria no municipio, unhas obras que realiza de forma continua e se intensifican no verán.

Esta semana, comezaron os traballos de pavimentación e renovación da rúa Emilia Pardo Bazán na urbanización Porto Avieira, que contará cun novo aglomerado, así como a correspondente sinalización horizontal e vertical.

“É unha actuación demandada polos veciños da zona e que servirá para mellorar o tráfico e a seguridade viaria nunha das rúas máis transitadas de Porto Avieira”, explica o alcalde de Oroso, Luis Rey.

Esta actuación únese aos traballos de rebacheo en todas as pistas das parroquias do municipio que o necesiten, que tamén comezan esta semana e serán en dúas fases, cun orzamento de 60.000 euros.

O concello desenvolve durante todo o ano un plan integral de renovación e mantemento dos servizos e infraestruturas municipais, con especial atención á rede de comunicación viaria.

Comentarios
Lo más