A calor segue sendo protagonista

A calor segue sendo protagonista
A calor segue sendo protagonista

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 15 e os 32 graos

Continuaremos o domingo co anticiclón centrado nas Illas Británicas. Con esta situación, agárdanse ceos despexados, con brétemas costeiras no litoral atlántico. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso, máis pronunciado na franxa atlántica. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable en xeral; do nordés no litoral norte, moderados.

En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. Haberá néboas matinais o luns e o martes. As temperaturas serán normais para as mínimas e altas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en descenso lixeiro e máximas en descenso notable.

Fuente: MeteoGalicia

Comentarios