A semana comeza con sol e calor

A semana comeza con sol e calor
A semana comeza con sol e calor

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 14 e os 29 graos

O luns Galicia continuará baixo o dominio das altas presións pero con entrada de aire húmido procedente do océano Atlántico. Deste xeito, teremos un día de ceo despexado en xeral e presenza de brétemas na franxa atlántica; pola tarde medrarán nubes de evolución no interior sen descartar algún amago treboento. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará frouxo de dirección variable, con predominio da compoñente oeste na segunda metade do día.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. Haberá néboas matinais ó longo do período. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán moderadamente e máximas que se manterán sen cambios.

Fuente; MeteoGalicia

Comentarios
Lo más